Avanza a tramitación dun parque empresarial de 270.000 metros cadrados en Nantón

Sinatura do convenio entre Concello e Xunta para o comezo da tramitación da área empresarial o pasado febreiro de 2020

O novo parque empresarial de Nantón vai camiño de facerse realidade. A Xunta está a tramitar a segunda modificación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG), pendente de aprobar, para delimitar unha área de máis de 270.000 metros cadrados nun terreo que actualmente é de desenvolvemento privado.

Así, tras ano e medio de xestións, segue avanzando a chamada nova área industrial, tecnolóxica e comercial de Cabana.

Novas relacionadas