Avanza a tramitación dun parque empresarial de 270.000 metros cadrados en Nantón
 
              
    14:57 07/07/21 
            O novo parque empresarial de Nantón vai camiño de facerse realidade. A Xunta está a tramitar a segunda modificación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG), pendente de aprobar, para delimitar unha área de máis de 270.000 metros cadrados nun terreo que actualmente é de desenvolvemento privado.
Así, tras ano e medio de xestións, segue avanzando a chamada nova área industrial, tecnolóxica e comercial de Cabana.
 
       
       
             
             
         
           
          