O BNG lembra a necesidade de executar as obras da ponte de Xabarido

Ponte de Xabarido

A historia de nunca acabar a da Ponte de Xabarido. Desta volta o que rescata a situación é o BNG de Cabana que reclama  solucións urxentes para a ponte de Xabarido e a estrada Beres–Corcoesto. Así o traslada no pleno que se celebrará hoxe xoves 27, xunto cunha moción que pide unha rede abastecemento de auga xusto en Anós

O BNG denuncia que a obra actualmente en execución está a deixar fóra varios núcleos habitados, xerando un agravio comparativo e vulnerando o dereito da veciñanza a un servizo esencial.


Lembran dende o BNG que "debido a falta de orzamentos, o pleno tamén abordará outros asuntos destacados, como a modificación de crédito nº 8, coa que o Goberno local destinará máis de 160.000 euros de fondos propios á antiga capela de Sinde. O BNG vixiará este investimento, xa que o espazo pretende empregarse como centro de interpretación, función para a que tamén fora concibida inicialmente a Casa do Pendón, sen chegar nunca a funcionar como tal".