A veciñanza de Corcoesto pide, en clave de copla, o eterno arranxo da ponte de Xabarido

17:11 14/01/24
”A ponte de Xabarido está caendo de vella/tede moito coidadiño cando pasedes por ela…”
En clave de copla xa cantan os veciños de Xabarido ante a falta das eternas obras da ínclita ponte que leva o seu nome.
”Os veciños de Corcoesto levamos dende o 2018 reclamando e pelexando para que nos arranxen a ponte e seguimos igual. E a xente non nos debía tomar a broma, porque os arcos de abaixo están carteados e cando pase un camión de madeira de moita tonelaxe pode ter xa caído”. Así comunicaban nunha concentración realizada este pasado sábado pola mañá.
”Se baixas de Corcoesto cando cruces Xabarido, podes acabar na corte podes acabar no río”, remata a copla.
HISTORIA DA LOITA POLA PONTE DE Xabarudo
- Abril 23: A Ponte de Xabarido necesita un novo proceso de licitación:
- Xullo 22: A veciñanza esixe a construción da nova ponte de Xabarido.
- 12-07-22: Esixen a urxente reparación da ponte de Xabarido, prometida xa hai 4 anos.
- Outubro 21: A Deputación anuncia a construción da nova ponte de Xabarido.
- Novembro 19: A Asociación Petón do Lobo denuncia a frustración das obras da ponte de Xabarido.
- Agosto 19: Concentración da veciñanza de Corcoesto e Langueirón para pedir o arranxo da ponte de Xabarido.
- Decembro 18: A nova Ponte de Xabarido estará rematada a finais de 2019.
- 2015: O Petón do Lobo consegue o arranxo da Ponte de Xabarido.