Cabana presenta o programa de actividades para o Nadal

O luns día 19 de decembro, ás 11 horas, a compañía Caramuxo Teatro trae o seu espectáculo "Feo!" ao auditorio municipal. Tamén entre os días 2 e 5 de xaneiro desenvolverase o programa meniñeiro "En Nadal xogamos en igualdade" que está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Para participar é preciso anotarse entre os días 19 e 23 de decembro. Tamén o día 2, o concello organiza unha excursión para patinar sobre xeo. O custe é de 4€ e hai un límite de 50 prazas. O xoves 5 de xaneiro, os Reis Magos chegarán ás 19 horas ao pavillón de Cabana onde haberá inchables, obradoiros infantís e música tradicional con "O Son do Castro". A programación do Nadal remata o día 6 cunha cabalgata en tren polas distintas parroquias do municipio onde tamén haberá beléns viventes. Campaña esquí O concello de Cabana organiza unha excursión á estación de esquí de Leitariegos para os nenos e nenas nados do 2002 ao 2006. O custe é de 95€ e para participar é preciso facer a preinscrición na casa do concello. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Cabana