A música, a poesía e o deporte serán os principais protagonistas das actividades programadas polo concello de Cabana de Bergantiños para esta primavera. A primeira das actividades é a visita dos escolares de Treize-Septiers, de Francia, nun intercambio co alumnado do CPI As Revoltas. Os estudantes estarán polas terras cabanesas ata o 8 de abril. Outra das citas tamén ten lugar hoxe no auditorio municipal. Alí, alumnos e alumnos do CPI As Revoltas terán a oportunidade de ver a obra de teatro Bicos con Lingua, de Talía teatro. A función comeza ás 12:50 horas.
O dolmen de dombate será o escenario dos distintos obradoiros para escolares e xornadas para o prefesorado que se celebrrán os días 19, 20, 21, 24, 25, 26 e 27 de abril baixo o título "Dombate Primavera da Poesía".
As actividades do mes de abril rematan o día 30 co II campionato de futbolín que terá lugar a partir das 19:30 horas no local social de Corcoesto.
O programa Primavera 2017 volve a activarse o día 1 de maio cunha xornada de arqueociclismo polo chan de Borneiro. A partir das 11 horas, todos aqueles que queiran participan deberán presentarse no dolmen de Dombate para realizar un percorrido circular en bici pola zona.
O domingo seguinte, o día 6 de maio, as distintas agrupacións de música coral e tradicional do municipio celebrarán o festival As Nosas Música que será no auditorio municipal de Cabana ás 18 horas.
Xa en xuño realizarase a clausura da escola municipal de música, que será o día 4, e a clausura da escola municipal de teatro, o día 11. Ambas as citas serán ás 18 horas no auditorio municipal.
Horario Semana Santa
Con motivo da Semana Santa, o centro arqueolóxico do Dolmen de Dombate amplía o servizo de visitas guiadas. Así, dende o 6 ao 16 de abril haberá visitas con guía ás 11, 14, 16 e 20 horas.
Ademais, de marzo a xuño o centro arqueolóxico de Dombate ten un horario ampliado das visitas guiadas con motivo da tempada de excursións. Así de xoves a domingo, un guia realizará visitas para grupos ás 11 e ás 14 horas e ás 16 e ás 20 horas.
Por outra banda, este domingo @s trasn@s que percorren o Camiño dos Faros visitarán o municipio cabanés. Está previsto que sobre as 13 horas cheguen ao dolmen a onde accederán en grupos de 30 personas. Antes (sobre as 12 horas), pararán no castro A Cidá onde desfrutarán da poesía da man do poeta cabanés Óscar de Souto.
Fonte