Elección Histórica: Eduardo Pondal é elixido como o Persoeiro máis importante da Costa Morte
Os 3 finalistas de cada concello
QPC e corcubion.com contamos cun especialista por concello en materia histórica, que escolleron 3 finalistas de cada concello. Nomes como Xosé Manuel Varela Varela, Víctor Castiñeira, Alejandro Lamas, Xosé María Lema Suárez, Xelucho Abella, Xosé María Varela, Luis Giadás, Rafael Lema, Mar Llinares, Suso Jurjo, Manolo Vilar, Suso de Basilio, Lurdes Pardo, Xosé María Lema Rei ou Xoán S. Pazos participaron moi activamente na elección de 3 personaxes de cada concello, que pasaron á votación para que os lectores poidan elixir aos seus favoritos. Estes foron os candidatos de cada concello:
- Cabana: Saturniño Cuiñas Lois, María Baña Varela e Manuel Lema Otero.
- Camariñas: Man, o alemán de Camelle, Ambrosio Feijoo y Pardiñas, Miguel Feijoo y Pardiñas e Antonio Rodríguez Canosa.
- Carnota: Teófilo Caamaño, Os homes e as mullers do "Ariete" e O Catelo.
- Cee: Francisco Caamaño Domínguez, Fernando Blanco de Lema e Domingo Antonio de Andrade.
- Corcubión: Plácido Castro Rivas, Simón Tomé Santos e Plácido Ramón Castro del Río.
- Dumbría: Artur Trillo, Ramón Romero Carril, Modesto García Quintáns.
- Fisterra: Alejandro Campos Ramírez, “Alejandro Finisterre”, Cipriano Fernández, Celia Rivas.
- Laxe: Isidro Parga Pondal, Antón Zapata García e Juan Antonio Posse.
- Malpica: Anselmo Villar Amigo, As pandereteiras de Mens, Pedro Benito Cambón.
- Mazaricos: Silvestre Gómez Xurxo, Francisco Suárez Salgado, Manuel González González.
- Muxía: Gonzalo López Abente, Xervasio Paz Lestón e Ramón Caamaño.
- Ponteceso: Susa da Chasca, Cristina Torre Cervigón, Calviño de Tallo, Eduardo Pondal, O Almirante Mourelle.
- Vimianzo: Perfecto López, Antón Mouzo Lavandeira, Evaristo Martelo Paumán
- Zas: Enrique Labarta Pose, Maximino Romero de Lema, Eugenio Romero Pose.
Singradura histórica
Con esta iniciativa didáctica-histórica, o equipo de QPC e de corcubion.com pretendimos facer un achegamento ao noso pasado, á nosa historia, a través dos nomes máis relevantes. Persoeiros de cada época, dende o século XVII ata outros aínda vivos, pasaron por aquí, servindo para que ollemos atrás e nos conozamos todos un pouco mellor.Participación
Unha iniciativa que acadou máis de 2.000 votos. 2.000 votos que serviron para elixir quen foron os persoeiros máis relevantes dos 14 concellos da Costa, e para determinar cal é, para a comunidade virtual da bisbarra, o Persoeiro máis da Costa.
Fonte
- corcubion.com.
- QPC.