sábado. 07.12.2024
El tiempo

Elección Histórica: Eduardo Pondal é elixido como o Persoeiro máis importante da Costa Morte

Elección Histórica: Eduardo Pondal é elixido como o Persoeiro máis importante da Costa Morte

eleccion historica Costa da Morte Eduardo Pondal, escollido como o persoeiro máis importante da Costa da Morte (2009) Tras un mes repasando a historia da nosa bisbarra nome a nome, os lectores de corcubion.com e quepasanacosta xa tomaron unha determinación, elixiron aos persoeiros que consideraron máis importantes da historia de cada concello da Costa da Morte. Os lectores de QPC e de corcubion.com elixiron ao pontecesán Eduardo Pondal como o Persoeiro máis importante da Historia da Costa da Morte. Atrás quedaron os outros 13 finalistas, de entre os que destacan Manfred Gnädinger. A figura de Man mantivo unha dura loita ata o último suspiro co pontecesán, e queda a tan só 50 votos. Os lectores elixiron a Alejandro Finisterre como o terceiro Persoeiro da Costa, por diante do ceés Fernando Blanco de Lema, un dos que máis soaban entre os máis importantes pero que fica na 4ª posición. Quinto temos ao corcubionés Plácido Castro Rivas, mentres que o resto de persoeiros teñen votacións case que residuais. Sorprende o baixo recoñecemento feito ao escritor zaseiro Enrique Labarta Pose, ao fotógrafo muxián Ramón Camaño, e sobre todo, ao químico laxeiros Isidro Parga Pondal, grandes figuras da nosa historia.

Eduardo Pondal, escollido como o persoeiro máis importante da Costa da Morte (2009)

Os 3 finalistas de cada concello

QPC e corcubion.com contamos cun especialista por concello en materia histórica, que escolleron 3 finalistas de cada concello. Nomes como Xosé Manuel Varela Varela, Víctor Castiñeira, Alejandro Lamas, Xosé María Lema Suárez, Xelucho Abella, Xosé María Varela, Luis Giadás, Rafael Lema, Mar Llinares, Suso Jurjo, Manolo Vilar, Suso de Basilio, Lurdes Pardo, Xosé María Lema Rei ou Xoán S. Pazos participaron moi activamente na elección de 3 personaxes de cada concello, que pasaron á votación para que os lectores poidan elixir aos seus favoritos. Estes foron os candidatos de cada concello:

  • Cabana: Saturniño Cuiñas Lois, María Baña Varela e Manuel Lema Otero.
  • Camariñas: Man, o alemán de Camelle, Ambrosio Feijoo y Pardiñas, Miguel Feijoo y Pardiñas e Antonio Rodríguez Canosa.
  • Carnota: Teófilo Caamaño, Os homes e as mullers do "Ariete" e O Catelo.
  • Cee: Francisco Caamaño Domínguez, Fernando Blanco de Lema e Domingo Antonio de Andrade.
  • Corcubión: Plácido Castro Rivas, Simón Tomé Santos e Plácido Ramón Castro del Río.
  • Dumbría: Artur Trillo, Ramón Romero Carril, Modesto García Quintáns.
  • Fisterra: Alejandro Campos Ramírez, “Alejandro Finisterre”, Cipriano Fernández, Celia Rivas.
  • Laxe: Isidro Parga Pondal, Antón Zapata García e Juan Antonio Posse.
  • Malpica: Anselmo Villar Amigo, As pandereteiras de Mens, Pedro Benito Cambón.
  • Mazaricos: Silvestre Gómez Xurxo, Francisco Suárez Salgado, Manuel González González.
  • Muxía: Gonzalo López Abente, Xervasio Paz Lestón e Ramón Caamaño.
  • Ponteceso: Susa da Chasca, Cristina Torre Cervigón, Calviño de Tallo, Eduardo Pondal, O Almirante Mourelle.
  • Vimianzo: Perfecto López, Antón Mouzo Lavandeira, Evaristo Martelo Paumán
  • Zas: Enrique Labarta Pose, Maximino Romero de Lema, Eugenio Romero Pose.

Singradura histórica

Con esta iniciativa didáctica-histórica, o equipo de QPC e de corcubion.com pretendimos facer un achegamento ao noso pasado, á nosa historia, a través dos nomes máis relevantes. Persoeiros de cada época, dende o século XVII ata outros aínda vivos, pasaron por aquí, servindo para que ollemos atrás e nos conozamos todos un pouco mellor.

Participación

Unha iniciativa que acadou máis de 2.000 votos. 2.000 votos que serviron para elixir quen foron os persoeiros máis relevantes dos 14 concellos da Costa, e para determinar cal é, para a comunidade virtual da bisbarra, o Persoeiro máis da Costa.

Fonte

Comentarios