A falsa homenaxe do Concello de Cabana aos ex alcaldes

A Praza do Pendón Cabana non poderá levar o nome de Manuel Fariña

Chegaban onte ao pleno do Concello de Cabana dúas mocións cos ex alcaldes como protagonistas. O BNG presentara unha moción para render homenaxe a Manuel Fariña Suárez, e poñerlle o seu nome á praza do Pendón. Pero a figura do primeiro alcalde elixido democráticamente no concello bergantiñan, primeiro como líder de Agrupación Independente de Cabana, posteriormente como cabeza de Coalición Progresista Galega e finalmente tamén en dúas ocasións como líder do PSdeG (alcalde durante 17 anos, entre 1979 e 1995 e, posteriormente, entre 1999 e o seu falecemento no ano 2000, chegando a liderar nesta segunda etapa unha moción de censura contra o PP) non era do agrado do goberno de goberno.

Por iso, o PP local presentaba unha contramoción na que convertía esa homenaxe persoal nunha “homenaxe aos alcaldes electos da etapa democrática”. Cos seus votos e os votos en contra do BNG, o goberno municipal cecidiu os seguintes cambios de nome:

  • O Pavillón Municipal pasará a denominarse Pavillón Municipal Manuel Fariña Suárez.
  • O Centro de Saúde da Carballa levará o nome de Centro de Saúde Manuel Barral Castro, alcalde entre 1995 e 1999. Médico de profesión, exerceu como tal catro anos antes de ser elixido rexedor. A súa xestión destacou pola posta en valor do patrimonio histórico e a execución de importantes infraestruturas como a senda peonil do Anllóns, a piscina municipal, o centro de maiores ou o propio centro sanitario.
  • O Local Veciñal de Anos pasará a chamarse Local Veciñal Enrique Díaz Varela, en homenaxe ao alcalde, natural desta parroquia, que asumiu o cargo tras o pasamento de Manuel Fariña, exercéndoo entre 2000 e 2003. Concelleiro durante máis de tres décadas, é lembrado polo seu talante dialogante e a súa proximidade coa veciñanza.

O voto en contra do BNG

O que parecera que puidera ter sido unha moción de consenso, dende o BNG queren explicar a súa postura en conta. “No BNG de Cabana fixemos o que o goberno non fixo en máis de 20 anos”, explica a voceira Tatiana Rellán, lembrando aa proposta concreta para homenaxear a un Fariña Suárez, que “non só gobernou 19 anos, són que tamén foi concelleiro da oposición, e porque xusto se cumpen 25 anos do seu falecemento, e máis alá das diferencias políticas” (cómpre lembrar que non foi membro do BNG), “sera necesario renderlle unha homenaxe institucional dándolle o seu nome á Praza onde vivía, como mestre e como político”.

”E que pasou no Pleno do luns?”, explica Rellán. “Pois comprobamos que ao Sr. Alcalde non lle gustou nada a idea, pero como non tivo o valor de rexeitala fixo unha contraposposta para diluir a figura de Manuel Fariña. Unha proposta feita de présa e correndo, pensado que o BNG tragaría. Pero nós non nos acobardamos e seguimos defendendo as nosas propostas”.

Lamentan “a clara a intención de rebaixar as figuras dos alcaldes de Cabana que non foron do Partido Popular”. “Votamos en contra porque realmente non se quere honrar aos anteriores alcaldes, senón disimular o recoñecemento tanto a don Manuel Fariña como a don Enrique Díaz”, sentenzan.

O pleno destapou ademais, que o Concello de Cabana non pode darlle a unha persoa o nome de rúas ou plazas porque non existe un rueiro municipal oficial…