mércores. 30.04.2025
El tiempo

Por unha homenaxe cabanesa a Manuel Fariña Suárez

Duas fotos familiares do cabanaes Manuel Farina Suarez
Dúas fotos familiares do cabanés Manuel Fariña Suárez
Por unha homenaxe cabanesa a Manuel Fariña Suárez

O Grupo Municipal do BNG presentará no próximo pleno do Concello de Cabana de Bergantiños unha moción para homenaxear institucionalmente a Manuel Fariña Suárez, primeiro alcalde elixido democraticamente no municipio tras as eleccións do 3 de abril de 1979.

Unha petición que coincide co 25º aniversario do seu falecemento, para o que o BNG solicita un acto público de homenaxe coa participación da corporación municipal, familiares, amizades e veciñanza, así como a nova denominación da actual Praza do Pendón como “Praza Alcalde Manuel Fariña”.

Segundo a portavoz do grupo, Tatiana Rellán Castro, “a súa figura representa a entrada da democracia no concello e un compromiso firme co progreso da veciñanza, polo que cremos que este recoñecemento é un acto de xustiza histórica”.

Comentarios