O Grupo de Teatro "Sen Tempo" de Zas continúa coa súa xira por Cabana e Buño
19 de marzo de 2025 (10:09 h.)
Continúa a ruta do Grupo de Teatro “Sen Tempo” de Zas coa súa obra ”A voltas co morto”.
Dirixida por Pablo Soto “Pibe” e María Teresa Lema Pose, xa ten percorrido media bisbarra e afronta estas semanas dúas novas citas:
- Sábado 22 de marzo, ás 21:00h no Auditorio de Cabana.
- Sábado 5 de abril, ás 18:00h no CAT de Buño.
A comedia (100 minutos) para todos os públicos recolle a historia que acontece despois de que as súas mulleres marcharan de vacacións para as Rías Baixas, Simón e Henrique deciden chamar unhas “periquitas” para pasar unha fin de semana de loucura e desenfreno. Unha visita inesperada trastoca os seus plans e comezan a pasar situacións rocambolescas.
O Elenco está formado por Nieves Suárez, Marcos Mira, Rubén Pardiñas, Nando Blanco, Azucena Castro, Sandra Villaverde, Toni Castiñeira e Olga Silvarredonda.