O Grupo “Sen Tempo Teatro” da Escola municipal de teatro de Zas sae de xira por Bergantiños

”A voltas co morto” é a nova obra do Grupo “Sen Tempo Teatro” da Escola municipal de teatro do concello de Zas. Dixirida por Pablo Soto “Pibe”, e María Teresa Lema Pose, a obra foi estreada en xullo de 24 no auditorio de Baio. E tras pasar o pasado decembro por Laraño, e volver a Zas, este febreiro saen de xira por Bergantiños.
O domingo 9 de febreiro estarán na Mata (Cabana), o sábado 22 no Couto e o domingo 23 en Coristanco.
A comedia (100 minutos para todos os públicos recolle a historia que acontece despois de que as súas mulleres marcharan de vacacións para as Rías Baixas, Simón e Henrique deciden chamar unhas “periquitas” para pasar unha fin de semana de loucura e desenfreno. Unha visita inesperada trastoca os seus plans e comezan a pasar situacións rocambolescas
O Elenco está formado por Nieves Suárez, Marcos Mira, Rubén Pardiñas, Nando Blanco, Azucena Castro, Sandra Villaverde, Toni Castiñeira e Olga Silvarredonda.