Íntegro organiza unha masterclass solidaria

O próximo 9 de xuño, o pavillón deportivo de Cabana de Bergantiños acollerá unha MasterClass Solidaria de zumba e pilates organizada por Íntegro co obxectivo de recadar cartos para mercar vestiario deportivo para todos os usuarios e usuarias do Centro de Recursos. Lorena Eirís e Eva Senande son as encargadas de impartir as clases que se desenvolverán entre as 11:00 e as 13:00 horas. O custe é de 5€ para os adultos e 2€ para os menores de 14 anos. As primeiras inscricións recibirán un agasallo e os interesados en participar poden anotarse nos números de teléfono 981 734 985, 981 754 323 ou a través do enderezo electrónico info@integro.es.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Asociación Íntegro