Miro Villar e Manuel Vilar levan aos mestres de Roteiro poético
Cita impresincibles para os amantes da poesía e do patrimonio. Os mestres Miro Villar e Manuel Vilar (con orgullo dicimos que son membros das #FirmasQPC) guiarán este vindeiro sábado 3 de decembro un «Roteiro Eduardo Pondal e os poetas de Bergantiños».
Un Roteiro dirixido ao profesorado organizado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación. Unha forma inmellorable de seguir formando aos nosos mestres, para que coñezan de primeira man, e gracias aos mellores especialistas, o noso patrimonio cultural, natural e etnográfico.
O roteiro arrincará en Baio, visitando as Torres do Allo, para subir cara Bergantiños e pasar polo Castro de Borneiro, Dolmen de Dombate, a igrexa de Laxe, o Faro da Punta Insua, a Praia dos Cristais, a casa de Pondal en Ponteceso, a igrexa do Anllóns, o Monte Branco, a Pedra da Serpe de Corme, ou as Torres de Mens e a capela de Santo Hadrián de Malpica.
O Perocrrido incluirá poemas de Enrique Labarta Pose, Teodoro Morgade Varela, Antón Zapata García, Manuel Caamaño Devesa, Eduardo Pondal, Miguel Anxo Mato Fondo, Diana Varela Puñal, Paco Souto, Paco de Tano, Xosé Manuel Varela, Diego Cousillas Novo e Rosalía Fernández Rial.
Roteiro Costa do Solpor
Aproveitamos para deixarvos con outro fermoso vídeo de X. Carlos Rodríguez, desta volta sobre a senlleira novela de Xosé María Lema Suárez, facendo o roteiro polas súas localizacións.Artigos relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- As Crebas.