O CMAT lanza novos Cursos de Empratado e de Calidade Alimentaria e Alimentación Saudable

Imaxe dun dos cursos do CMAT en ACERTA   Xa non falta case nada para que comecen os Cursos de Calidade Alimentaria e Alimentación Saudable que se celebrarán en diversas localidades da Costa da Morte en vindeiras datas. Cabana, Camariñas, O Ézaro e A Picota acollerán estes cursos. Os cursos son totalmente gratuítos e hai 15 prazas por edición. Teñen preferencia persoal que estea traballando en hostalería, pero pode apuntarse calquera. Ao realizar este curso entregarémoslle un diploma que equivale a formación en materia de alérxenos e manipulación de alimentos.

Curso de Empratado en Carballo

Así mesmo, o Curso de Empratado que se desenvolverá en Carballo arrincará o 27 de abril. Son 18 horas repartidas en 6 días, en horario de 16:30 a 19:30, nas instalacións do FORUM Carballo. O 27 de abril, 3 e 4 de maio contido máis ben teórico. Os restantes días contidos máis prácticos, coa participación de cociñeiros de renome. Pódense apuntar nos lugares indicados no cartel ou cubrindo o seguinte formulario: https://goo.gl/forms/UODnX8l3KfT5iKvy2

Máis información e inscricións

Todos os cursos

Novas relacionadas

Arrincan novos cursos formativos para profesionais do turismo
    .

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).