O Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional atendeu 108 mulleres do rural dende 2015

Os Alcaldes de Laxe, Cabana e Malpica con Íntegro

Que importantes estes lugares de atención directa aos colectivos máis vulnerables da sociedade. E por iso, a Asociación Íntegro reabrirá nas vindeiras semanas o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional no ámbito rural (PIMD Rural). Farao gracias á renovación dos convenios de colaboración cos concellos bergantiñáns adheridos (Malpica, Laxe, Cabana e Ponteceso) a este programa dirixido a mulleres, maioritariamente con disCapacidade, que está cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (FSE), e deseñado e executado pola entidade ata o pasado día 30 de setembro.

Dende que botou a andar en xaneiro de 2015, 108 mulleres beneficiáronse das diferentes accións formativas levadas a cabo para erradicar a discriminación e a desigualdade de oportunidades mediante o desenvolvemento de actividades que facilitan o seu empoderamento e reforzan o seu papel no ámbito rural ata acadar unha situación de normalidade. Neste sentido, os resultados non poden ser mellores! O 69% das usuarias lograron mellorar a súa situación persoal e/ou laboral mentres que un 18% acadou a súa plena integración en materia de educación e formación e o 7% conseguiu a obtención dalgunha cualificación. Ademais, o 6% das participantes acadou o seu primeiro emprego mellorando así a súa calidade de vida.

Orientación de busca de emprego

Por outra parte, os servizos de orientación, formación e a busca de emprego foron os máis solicitados polas beneficiarias do PIMD Rural acadando un nivel de participación do 81%. Así, o 36% das mulleres fixo uso do servizo de orientación e información individual en materia de diversidade, e un 23% decantouse pola adquisición de competencias e habilidades profesionais. Outra das accións con gran aceptación entre as usuarias foron as encamiñadas á orientación laboral e acompañamento na procura de emprego, demandadas no 22% dos casos. A asistencia psicolóxica (11%) e a mediación familiar (8%) pechan a listaxe de prestacións ofrecidas dende os diferentes puntos de intervención, situados nas concellerías de servizos sociais e no Centro de Recursos de Nantón. A adhesión de catro concellos bergantiñáns ao PIMD Rural, a primeiros de ano, posibilitou o achegamento de novos recursos a mulleres con diversidade funcional da zona rural. De feito, Ponteceso e Malpica son os municipios nos que se rexistran un maior nivel de participación, cun 33% e un 27%, respectivamente, seguido de Cabana (16%) e Laxe (14%) fronte ao 5% de Vimianzo ou Zas.

Máis oncellos

>Dada a boa acollida que esta iniciativa está a ter na Costa da Morte e ante a crecente demanda de usuarias procedentes doutras localidades, en Íntegro seguen traballando para ampliar o ámbito de actuación do PIMD a outros municipios e incrementar así a nosa colaboración cos servizos de proximidade á cidadanía.

Novas relacionadas

Fonte