Unha Carreira para integrar


Emotiva, solidaria, integradora… Non temos calificativos para definir á Carreira nocturna “De dous en dous”, organizada por Atletismo Carballo en colaboración co Concello. Unha cita deportiva que resultou un completo éxito en todos os sentidos. I é que ademais de fomentar a inclusión coa participación de persoas con diversidade funcional como unhas máis, ademais de facer que os participantes tiveran que sufrir o que significa ter que ir sempre da man, a Cruz Vermella e Cáritas conseguiron quilos e litros para os seus bancos de alimentos. Por se fora pouco, o público gozou vendo competir aos deportistas, chegados de toda Galicia. Dende os pitufos, que foron os primeiros en tomar a saída, ata as parellas que correron na categoría absoluta, todas e todos contribuíron ao espectáculo.
Foron nada menos que 612 persoas (398 na categoría de adultos atletas) as que participaron na proba e a gran afluencia de público. Emotivas as participacións das xentes de Íntegro, como Miguel Bardanca, e a súa parella de carreira, que completaron os cinco quilómetros do circuíto establecido para a categoría absoluta. Houbo ata participación de parellas que sumaban máis de 100 anos, nas que destacaron os deportistas de Atletismo Carballo.


Cristian Muíño e Amador Pena foron os primeiros na categoría masculina e os gañadores absolutos da carreira. O 2º posto foi para Constante Lorenzo e Andrés Eirís, e o 3º, para Rubén de Vicente e Constantin Dragomir. En Parellas mixtas, a 1ª foi a formada por Amancio Raña e Esther Pedrosa, a 2ª os Tomás García e Eusebia Maldonado, e 3ª os Agnieszka Trzcinska e Miguel Ángel Álvarez.



A recollida da Cruz Vermella
Cruz Vermella quere, antes de nada, agradecer a unión das entidades e os cidadans na loita contra a pobreza, centralizada na Carreira Nocturna De 2 en dous, organizada pola Federación Galega de Atletismo o pasado sábado en Carballo, na que a entidade puido recoller 300 quilos de comida que serán entregados entre as familias da comarca afectadas pola crise.
Esta doación sumarase ó reparto de alimentos, además dos kits de apoyo infantil e as axudas materiais que Cruz Vermella realiza de manera regular entre 163 familias da comarca. Estas axudas de emerxencia compleméntanse con otros proxectos destinados a defender os dereitos de todas as persoas, así como buscar solucións a medio plazo para que poidan sair adiante por eles mesmos.

Novas relacionadas
- Os Vikingos e as Bicis tomaron os montes de Carnota por Semana Santa.
- Muros tamén se prepara para a súa Carreira do Espíritu Santo.
- O 11 de abril, unha Carreira solidaria e nocturna para correr de 2 en 2.
- Case 400 atletas no comezo en Camariñas do II Circuito Correndo pola Costa.
- En marcha o II Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015.
- Os Irmandiños tamén saben correr a súa Legua.
- Dumbría e Pedro Nimo únense ao Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015.
Máis novas
- Dous pontecesáns na proba de aventura máis esixente do mundo.
- Unha trasna, a única española en completar o Ultratrail de Alaska.
- Jorge Lariño: Saio a correr, non saio a running.
- A Federación Galega de Atletismo premia ao Concello de Carballo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).