Os Bolechas visitan a Costa da Morte

O alumnado dos centros de ensino de Cabana recibiron un libro dos Bolechas Máis de 80 alumnos e alumnas dos centros educativos de Cabana de Bergantiños recibiron esta mañá unha visita moi especial. Nin máis nin menos que un contacontos dos Bolechas, os famosos debuxos animados en galego, que ademais lle entregou cadanseu libro "Os Bolechas van ao GAC Costa da Morte". Nesta actividade, que se inclúe dentro da progamación cultural do municipio cabanés para o mes de marzo, lévase a cabo grazas á colaboración do GAC Costa da Morte. Os máis pequenos, ademais do libro dos Bolechas, recibiron unha guía didáctica coa que se pretende achegalos ao mundo do mar. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • GAC Costa da Morte