Pequenas obras para melloras de varios centros educativos de Bergantiños

Tempo de verán, e o mellor momento para acometer obras de mellora, tan necesarias nos centros de ensino costeiros. A delegada territorial do Goberno galego na provincia, Belén do Campo, supervisou esta mañá os traballos que se están a desenvolver no CPI As Revoltas, en Cabana de Bergantiños, e no CEIP Joaquín Rodríguez Otero, en Malpica de Bergantiños. Unhas obras que se complentan coas levasa a cabo no CEIP Fogar e no IES Monte Neme, de Carballo, e no CEIP Eduardo Pondal, de Ponteceso, cun investimento total para todas estas actuacións de 100.913 euros.

En Cabana, e ca compaña da directora do centro Ana Fuentes, estanse a reparar os alicerces da fachada para evitar desprendementos.

No CEIP Joaquín Rodrígez Otero de Malpica, o director do centro, Fernando Quintela, acompañou á comitiva para revisar os arranxos o depósito de gasóleo para optimizar o consumo e eliminar o risco de fugas. Ademais, colocarase un novo pararraios.

As mellores do CEIP Fogar e no instituto de Educación Secundaria (IES) Monte Neme, de Carballo, por unha banda, se está a reformar o falso teito do comedor, e por outra, procedeuse á reparación da liña telefónica e da instalación eléctrica.

Por último, en Ponteceso, no CEIP Eduardo Pondal estase a arranxar a cuberta das instalacións para evitar filtracións.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).