O PIMDRural de Íntegro axudou na integración a 70 mulleres costeiras en situación de vulnerabilidade

O Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional do Rural (PIMD Rural) que xestiona a Asociación Íntegro fai balance do período 2022/2023. Dende o pasado mes de setembro foron preto de 70 as mulleres atendidas polo este necesario servizo. Son mulleres con disCapacidade e residentes en concellos rurais da Costa da Morte con baixa densidade de poboación, que necesitan axuda para a súa integración sociolaboral.

Ao longo deste exercicio rexistrouse un maior incremento de intervencións na área psicolóxica debido á dispoñibilidade a xornada completa de persoal especializado na atención individualizada e a mediación familiar e/ou intercultural para a resolución de conflitos no ámbito doméstico .
Por outra banda, realizáronse numerosas actuacións encamiñadas á orientación e información sobre recursos singularizados, de atención e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos para facilitar ás persoas usuarias a súa integración social. De feito, un dos máis demandados nos últimos meses foi o acompañamento a centros sanitarios e outras administracións públicas ou en entidades bancarias para a realización de trámites básicos.

As accións de orientación laboral e o seguimento na busca de emprego seguen sendo, xunto coa realización de actividades para a mellora da empregabilidade, unhas das prestacións máis requiridas polas usuarias, que nesta edición posibilitaron ata cinco insercións laborais.

Íntegro conta tamén coa Porvir 

Formación

Así mesmo, neste último ano, levaron a cabo con gran éxito varios talleres sobre afectividade e sexualidade; habilidades pre-laborais, sociais e domésticas; resolución de conflitos; auto-coidados; manexo do teléfono móbil e bo uso das redes sociais en colaboración coa Garda Civil, e busca activa de emprego.

Se es muller con ou sen discapacidade, resides no rural e queres recibir formación ou precisas apoio e/ou asesoramento, non dubides en poñerte en contacto con Íntegro chamando ao 981 734 985 ou enviando un mail a info@integro.es.