Queremos Galego convoca unha concentración pola lingua no Dolmen de Dombate

Non son nada alentadores os datos sobre o número de falantes en lingua galega. E malia que a Costa da Morte é un bastión onde sobrevive a nosa lingua na vida real, Queremos Galego Bergantiños-A Costa da Morte quere achegar a loita a nivel galego tamén á nosa bisbarra.

Así, ademais da convocatoria a nivel galego para o día 8 de febreiro na Alameda de Compostela, a sección costeira convoca “a todas as persoas sensibilizadas coa lingua galega e coa difícil situación pola que a está a pasar, a unha concentracion simbólica en defensa da nosa lingua e da nosa cultura.

A cita será o sábado 31, ás 12:00h, nun espazo como o Dólmen de Dombate. En principio estab prantexado para realizarse en Punta Nariga pero parece que as previsións meteorolóxicas non son moi boas...

Novas relacionadas

Fonre