Rescatan dúas mozas que quedaron nunha zona rochosa da praia de Rebordelo

Imaxes do rescate
  • O BNG critica que non haia socorristas nas praias

Esta tarde de luns, arrredor das 14:45h, dúas mozas tiveron que ser rescatadas tras quedar illadas nunha zona rochosa na praia de Rebordelo, en Cabana. As dúas mozas introducíronse no mar cunha táboa e levounas a corrente. Para refuxiarse, subíronse a unha zona rochosa, onde quedaron illadas pola subida da marea.

Sorte que uns axentes da Garda Civil estaban preto da zona, e xunto cos efectivos do GES de Ponteceso e un particular, souberon como baixar ata a zona rochosa para rescatalas e sacalas fóra auga, coa colaboración de Protección Civil e a lancha da Cruz Vermella de Laxe..

O BNG critica a falta de socorristas

Aproveita este suceso o BNG cabanés para denunciar que “a inacción do goberno municipal ao respeto de non dotar de socorristas, pon en perigo a vida dos bañistas”. O gupo da oposición considera que “ casualidade fixo que este accidente non rematase en traxedia. Coincidiu que na patrulla da Garda Civil estaba un axente coñecedor da zona e dos accesos á beiramar polos carreiros dos pescadores a pesares de estar cheos de maleza; que a hora en que se produciu o accidente a praia estaba pouco concorrida, polo que o vehículo do GES puido acceder con celeridade. Isto permitiu que puidesen entrar na auga, sacar as accidentadas e subilas monte arriba, non sen dificultade, pois o estado do mar non permitía a intervención da lancha da Cruz Vermella. De non darse todas estas circunstancias o resultado final podería ser moi distinto”.

Lembran que o o BNG presentou mocións para que se dotase do servizo de socorristas ás praias e que se regulasen os accesos e aparcamento nas mesmas de tal xeito que permitise un rápido acceso aos servizos de emerxencia. “Ate o de agora o Goberno municipal dou a calada por resposta”.

Critican ademais que o Concello aproveite a natureza con “autobombo e propaganda, con afirmacións de que “Cabana é a referencia””.