Solta de salmóns nunha zona do río Anllóns afectada pola contaminación

Parece que a Xunta quere recuperar a pesca de salmón no río Anllóns. E para iso esta mañá a Xunta realizou a solta de 5.000 pintos de salmón no río Anllóns ao seu paso polo concello de Ponteceso, nunha acción enmarcada no Plan de Recuperación do Salmón.

Ata aquí parece todo razonable. O problema aparece cando non fai nin un ano que a propia Xunta denunciara que nesa mesa zona a presencia dun verquido de augas residuais. Así o denunciaba hoxe no Parlamento a voceira socialista Marisol Soneira, que consideraba un "esperpento" a solta en tal lugar, valorando estas accións como "puras actividades de propaganda e autobombo" dun "en lugar de buscar solucións aos graves problemas de contaminación" de determinados tramos do Anllóns, "retrátase utilizando crías de salmón como coartada para esconder a súa carencia total de medidas" que eviten o mal estado do río.

Melloras na zona

A Xunta ademais vén de desenvolver unha serie de melloras nas presas de Caldas e Corcoesto, creando escalas operativas que permiten habilitar una área con boas aptitudes para o desove ou a cría das fases xuvenís. Outra das medidas foi a comprobación a presenza de reos no couto de Verdes, situado augas arriba destas presas, e incluso nas proximidades de Carballo.
E ten tamén en mente "establecer réximes de pesca axeitados para a protección da especie, é dicir, realizar unha reordenación da actividade pesqueira".

Todo para devolver o salmón ao Anllóns, un dos ríos coruñeses que ten maior área potencial -dispoñible ou recuperable- para a súa reprodución: 44,03 hectáreas.

Novas relacionadas

Fonte