Sufocan un incendio dun alpendre en Cabana
         03 de novembro de 2024 (18:23 h.)
      
    Esta tarde de domingo tivo lugar un incendio no lugar de Fontenla, Cabana de Bergantiños. Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo extinguiron o incendio sobre as 15.30 horas.
Por sorte non houbo que lamentar  máis que danos materiais, aínda que o lume provocou unha enorme masa de fume que se estendeu polos arredores.