Un emigrante cabanés, medalla de bronce do campionato mundial de Fitness

Darío Fernández Verdes bronce no campionato do mundo de fittness

Non é doado ver un costeiro no podio dun campionato do mundo. E en verdade temos que marchar ata Suiza para atopalo. Falamos de Darío Fernández Verdes, natural de Cabana de Bergantiños, e fillo de Amparo Verdes, presidenta da Asociación O Fol, e Rafael Fernández, dous emigrantes galegos retornados de Suiza. O cabanés acaba de recibir medalla de bronce no campionato mundial de Fitness celebrado na cidade polaca de Bialystok.

Tras varios anos de preparación e contar con diversos campionatos de España no seu palmarés, non foi ata a pasada fin de semana que se alzou con este histórico podio. Darío, membro da federación española de Fisioculturismo e Fitness IFBB de España, foi convocado para participar no próximo campionato de España que se celebrará nuns días en Asturias.

Rafael Ovejero y Darío Fernández Verdes