Un plan de 750.000€ para mellorar o firme de 11 concellos da Costa da morte
Comezan hoxe as obras, e durante 4 meses estarán en marcha. Falamos das obras de mellora do firme do novo plan (de 750.000€) que vén de aprobar a Xunta para as estradas autonómicas que discorren por Cabana, Carballo, Cee, Corcubión, Fisterra, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas. As vías que mellorarán grazas a esta iniciativa son a AC-429, AC-418, AC-552, AC-445, AC-440, AC-424, AC-432 e AC- 441.
Os traballos máis importantes consistirán no fresado do pavimento para reparar a base de capas de microaglomerado en frío deterioracións localizadas como rodeiras, gretas, afundimentos, peladuras e fochancas. Ademais, as obras tamén permitirán o selado das fisuras lonxitudinais non estruturais da capa de rodaxe, a mellora e reforzo da sinalización vertical e a reposición da sinalización vertical afectada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).