A concelleira Yolanda García Leal e a artistaza Ana Oca no desfile-Fotos-Rafa Quintáns
Ponse de moda a Costa da Morte. Os desfiles están rompendo moldes na zona, como o demostrou o cheo absoluto que tivo o 1º Desfile de Moda da Fashion Week que organizaron os Empresarios de Cee na Casa da Cultura. Un día antes xa puxeron o cartel de completo, pois as familias non quixeron perder de ver aos seus facendo de grandes modelos. 8 casas comerciais prepararon todo un pase para disfrute dos asistentes e dos propios modelos.
Desfile de moda en Cee-Foto-Rafa Quintáns
Foto-Rafa Quintáns
Camariñas toma o relevo
Mentres, a rede de comercio e o Concello de Camariñas están a organizar a segunda edición do Showroom Desfile primaveira verán. Terá lugar o 28 e 29 de abril no Polideportivo de Camariñas.
Este evento quere incentivar as compras e consumo en comercios e servizos de Camariñas e amosar as novidades e profesionalidade das empresas relacionadas coa moda, o look, florería, os coidados persoais e outros. Convertíndose no escaparate da moda e o look da tempada primaveira verán
O sábado 28 de abril será o desfile ás 20:00horas e o domingo se desenvolverán as seguintes actividades:
Venda/exposición en stand no recinto
Exhibicións en directo dos e das profesionais do Concello de Camariñas (manicuras, cosmética, perruquerías, maquillaxes, dietistas, masaxistas, florerías etc etc)
Cambiámoste en Camariñas!. Durante o sábado podemos disfrutar dunha transformación dun modelo, observándose o antes e o despois polo público. Coa labor de perruquerias, maquillaxe, roupa, complementos, zapataría etc etc
As persoas interesadas en ser modelos para Cambiámoste en Camariñas, deberán inscribirse antes do 25 de abril de 2018. A folla de inscrición pode descargarse da web www.camarinas.net e presentala presencialmente ou por correo electrónico na Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas adl@camarinas.net
Os comercios e servizos de Camariñas que queran participar nestas actividades deberan asinar o documento de adhesión á rede de comercio de Camariñas, no caso de non formar xa parte dela e presentarla ou enviarla por correo electrónico na Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas adl@camarinas.net