A Costa desfila en clave de moda
08:18 16/04/18
A concelleira Yolanda García Leal e a artistaza Ana Oca no desfile-Fotos-Rafa Quintáns
Ponse de moda a Costa da Morte. Os desfiles están rompendo moldes na zona, como o demostrou o cheo absoluto que tivo o 1º Desfile de Moda da Fashion Week que organizaron os Empresarios de Cee na Casa da Cultura. Un día antes xa puxeron o cartel de completo, pois as familias non quixeron perder de ver aos seus facendo de grandes modelos. 8 casas comerciais prepararon todo un pase para disfrute dos asistentes e dos propios modelos.
Desfile de moda en Cee-Foto-Rafa Quintáns
Foto-Rafa Quintáns
Camariñas toma o relevo
Mentres, a rede de comercio e o Concello de Camariñas están a organizar a segunda edición do Showroom Desfile primaveira verán. Terá lugar o 28 e 29 de abril no Polideportivo de Camariñas.
Este evento quere incentivar as compras e consumo en comercios e servizos de Camariñas e amosar as novidades e profesionalidade das empresas relacionadas coa moda, o look, florería, os coidados persoais e outros. Convertíndose no escaparate da moda e o look da tempada primaveira verán
O sábado 28 de abril será o desfile ás 20:00horas e o domingo se desenvolverán as seguintes actividades:
- Venda/exposición en stand no recinto
- Exhibicións en directo dos e das profesionais do Concello de Camariñas (manicuras, cosmética, perruquerías, maquillaxes, dietistas, masaxistas, florerías etc etc)
- Cambiámoste en Camariñas!. Durante o sábado podemos disfrutar dunha transformación dun modelo, observándose o antes e o despois polo público. Coa labor de perruquerias, maquillaxe, roupa, complementos, zapataría etc etc
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).