O cabo corcubionés é un dos que terá unha senda ciclista ata a vila
Fantástica a iniciativa da Deputación da Coruña de unir as vilas da Costa da Morte, e de Ferrolterra, cos seus faros a través de sendas ciclistas. A Senda dos Faros busca conectar 11 faros de Ferrolterra e Costa da Morte coas poboacións máis próximas.
Serán dous proxectos estratéxicos incluidos no Plan Director de Mobilidade Ciclista elaborado polo goberno provincial co obxectivo de “fomentar unha mobilidade máis sustentable e respectuosa co medio ambiente”.