![Cabo de Cee en Corcubion]()
O cabo corcubionés é un dos que terá unha senda ciclista ata a vila
Fantástica a iniciativa da Deputación da Coruña de unir as vilas da Costa da Morte, e de Ferrolterra, cos seus faros a través de
sendas ciclistas. A Senda dos Faros busca conectar 11 faros de Ferrolterra e Costa da Morte coas poboacións máis próximas.
Serán dous proxectos estratéxicos incluidos no Plan Director de Mobilidade Ciclista elaborado polo goberno provincial co obxectivo de “fomentar unha mobilidade máis sustentable e respectuosa co medio ambiente”.
Faro |
Concello |
Lonxitude (km) |
Estaca de Bares |
Mañón |
1,7 |
Cabo Ortegal |
Cariño |
3,6 |
Punta Frouxeira |
Valdoviño |
8 |
Punta Nariga |
Malpica |
14 |
Laxe |
Laxe |
1,4 |
Cabo Vilán |
Camariñas |
5 |
Cabo Touriñán |
Muxía |
16 |
Fisterra |
Fisterra |
3 |
Cabo de Cee |
Corcubión |
3,4 |
Lariño |
Carnota |
0,9 |
Punta Queixal |
Muros |
2,6 |
TOTAL |
|
59,6 km |
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-cabo-vilan-nun-gravado-de-1896/
https://quepasanacosta.gal/111246-2/
https://quepasanacosta.gal/tourinan-despide-o-sol-a-partir-deste-venres/