Arde un coche en Camariñas

Despois de que esta semana se rexistraran dous incendios noutros tantos vehículos en Carballo, esta noite os bombeiros de Cee atopáronse cunha situación similar. Ao redor das 01:41 horas de hoxe recibiron a alerta dos equipos de emerxencias que os informaban de que ardía un vehículo nunha rúa do concello de Camariñas. Unha vez alí, sofocaron as lapas nunha intervención que rematou pasadas as 03:30 horas. Segundo informan os bombeiros, o vehículo ardeu por completo.  

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Bombeiros de Cee