Arrincan as Asembleas Abertas do BNG para escoitar á veciñanza
02 de outubro de 2014 (09:35 h.)
O BNG Costa da Morte comeza esta fin de semana na bisbarra, o proceso posto en marcha a nível nacional de asembleas abertas. Se ben non servirán para escoller aos seus candidatos, si valerá para “dar voz e escoitar a toda a cidadanía que vén pedindo unha participación directa na vida política, en particular nas propostas para os seus concellos”.
O BNG quere “socializar a experiencia dos gobernos municipais do BNG contra as políticas agresivas de recortes do PP”. Poñen como exemplos as vilas de Pontevedra, Allariz, e tamén as de Carballo ou Zas.
Este fin de semanda comezarán as xuntanzas, que se completarán na vindeira, con este calendario:
- Venres 3, as 19:30h no salón de actos do concello de Fisterra.
- Venres 3, as 20:30h na escola de música, na Alameda de Cee.
- Sábado 4, as 18:00h na casa de pedra, en Camariñas.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte solidarízase con Gaza a base de medicamentos.
- O BNG pide no Parlamento a supresión da peaxe da AG-55.
- O mar, o agro e o turismo, os motores do Plan de Desenvolvemento do BNG para a Costa da Morte.
Fonte
- Bng Costa da Morte.