mércores. 30.04.2025
El tiempo

Arrincan as Asembleas Abertas do BNG para escoitar á veciñanza

Arrincan as Asembleas Abertas do BNG para escoitar á veciñanza
Campana do BNG Costa da Morte de Asembleas

O BNG Costa da Morte comeza esta fin de semana na bisbarra, o proceso posto en marcha a nível nacional de asembleas abertas. Se ben non servirán para escoller aos seus candidatos, si valerá para “dar voz e escoitar a toda a cidadanía que vén pedindo unha participación directa na vida política, en particular nas propostas para os seus concellos”.

O BNG quere “socializar a experiencia dos gobernos municipais do BNG contra as políticas agresivas de recortes do PP”. Poñen como exemplos as vilas de Pontevedra, Allariz, e tamén as de Carballo ou Zas.

Este fin de semanda comezarán as xuntanzas, que se completarán na vindeira, con este calendario:

  • Venres 3, as 19:30h no salón de actos do concello de Fisterra.
  • Venres 3, as 20:30h na escola de música, na Alameda de Cee.
  • Sábado 4, as 18:00h na casa de pedra, en Camariñas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Bng Costa da Morte.

Comentarios