Os artesáns toman o Mercado Municipal de Malpica
15 de decembro de 2020 (11:06 h.)
O Concello de Malpica está acondicionando o Mercado Municipal como un Mercado de Nadal cheo de artesanía. Dende hoxe os artesáns e artesás poden solicitar un postiño para amosar as súas marabillas.
Toda aquela persoa que desexe amosar neste espazo os seus traballos, poderá poñerse en contacto co Concello de Malpica, a través do 981 72 00 11.
O goberno local subliña que “a pesar das circunstancias, decidimos darlle un oco a toda aquelas persoas que desexen expoñer á venda os seus traballos, para así xerar un novo lugar de encontro. Serán unhas festas estranas, pero non por elo deixaremos de facer cousas, sempre con moita seguridade”, apunta.