Un Concurso de Escaparates para incentivar as compras no Nadal malpicán

Malpica xa nos explicou que os Reis só virán por videoconfrerencia, que non haberá cabalgata. Pero para incentivar as compras o Concello abre un Concurso de escaparates para establecimentos de todas as parroquias.

Os días 22 e 23 de decembro a partir das 10 horas, o xurado visitará todos os establecementos participantes para realizar a súa valoración. Outorgaranse premios para os mellores escaparates. O primeiro constará de 300 euros, o segundo de 200 euros e o terceiro, de 100 euros. A listaxe será publicada na páxina web do concello e na canle oficial de Facebook. As bases xa se poden consultar no enderezo web municipal:

O prazo de inscrición ábrese o día 30 de novembro ás 9:00 horas, e pecharase o día 4 de decembro ás 14:00 horas.

Novas relacionadas