As Agrupacións comarcais do PSdG critican os Orzamentos da Xunta 2018 e a nova Lei de Portos

Suso Campos (Carnota), Paula Mouzo (Vimianzo, Loli Toja (a deputada laxesa), Manuel Lamela (Cee), Lalo Insua (Corcubión), Pichurri (Camariñas), Juan Carlos Canosa (Camariñas), Margarita Lamela (Cee) e Manuela Fernández Louro (Corcubión) na reunión da Agrupación Socialista comarcal

Xa o denunciaron nada máis saír, pero o PSdG da Costa da Morte quere reincidir no “esquecemento” que provocan para a Costa da Morte os Orzamentos da Xunta 2018.

A deputada socialista da Costa da Morte, Loli Toja, mantivo un encontro cos representantes políticos e institucionais comarcais do PSdeG. Todos amosaron a súa “decepción” pola falla de partidas e investimentos para os concellos por parte do goberno galego. Algo que provocará “que 2018 sexa un novo ano perdido” para a Costa da Morte”, sinalou.

Entre outros asuntos, criticaron a Lei de Portos de Galicia, concibida polo executivo autonómico “de costas aos concellos” e que, sinalan, “mesmo interfire nas súas competencias”.

Só recoñeceron unha cousa, a “satisfacción” polo anuncio de implantación do servizo de diálise no Hospital de Cee, logo das demandas trasladadas polos socialistas en base a unha mobilización social para reclamar un servizo fundamental para os enfermos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).