As Agrupacións comarcais do PSdG critican os Orzamentos da Xunta 2018 e a nova Lei de Portos


Xa o denunciaron nada máis saír, pero o PSdG da Costa da Morte quere reincidir no “esquecemento” que provocan para a Costa da Morte os Orzamentos da Xunta 2018.
A deputada socialista da Costa da Morte, Loli Toja, mantivo un encontro cos representantes políticos e institucionais comarcais do PSdeG. Todos amosaron a súa “decepción” pola falla de partidas e investimentos para os concellos por parte do goberno galego. Algo que provocará “que 2018 sexa un novo ano perdido” para a Costa da Morte”, sinalou.
Entre outros asuntos, criticaron a Lei de Portos de Galicia, concibida polo executivo autonómico “de costas aos concellos” e que, sinalan, “mesmo interfire nas súas competencias”.
Só recoñeceron unha cousa, a “satisfacción” polo anuncio de implantación do servizo de diálise no Hospital de Cee, logo das demandas trasladadas polos socialistas en base a unha mobilización social para reclamar un servizo fundamental para os enfermos.
Novas relacionadas
- O BNG insta á Xunta a que inclúa nos orzamentos o saneamento da ría de Corcubión.
- O BNG da Costa da Morte denuncia que os orzamentos da Xunta discriminan aos concellos doutra cor.
- Orzamentos da Xunta 2018: O PP comarcal agrace o “compromiso” e o PSdG lamenta o “esquecemento”.
- Loli Toja: “É unha gran satisfacción conseguir que aumenten o servizo de diálese no HVdX de 8 a 24 pacientes diarios”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).