Atopan unha nasa fondeada con 200 kg de marisco no porto de Camelle

Imaxe da acción contra o furtivismo realizada pola Guardia Civil o pasado decembro en Caión

Non foi en Corme (a Confraría tivo que emitir un comunicado para pedir a rectificación da prensa), foi en Camelle onde os buzos da Policía Autonómica de Galicia atopaban unha nasa fondeada ilegalmente con 200 kg de diferentes mariscos. Centola, nécora e lubrigante esperaban o momento para ser rescatados e vendidos de xeito ilegal.

En calquera caso, a nova deixa analizar que se trata dunha práctica estendida na zona, pois tamén o pasado 21 de decembro eran atopados 69 kg de centola fondeados no porto de Caión.

Novas relacionadas