Aprehendidos 69,5 kilogramos de centola gardados nun bidón a modo de viveiro e fondeados no porto de Caión

O Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña requisaba onte 69,5 de centola no porto de Caión por un valor de 1730€. Foi no marco dun operativo contra o furtivismo dentro de campaña de Nadal cando observaban na porta dun galpón do Porto de Caión ao propietario cun carro con rodas e ao seu lado unha bomba de achique.
Os axentes comprobaron que no galpón tiña un bidón de plástico gris cun circuíto de circulación de auga salada a modo de vivero en cuxo interior había 41 kilogramos de centola viva que carecía de trazabilidade, así como de autorización e número de rexistro sanitario.
Así tiñan armado no porto de Caión un viveiro ilegal para a campaña da centola...
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) December 21, 2021
Contámolo aquí: https://t.co/YIQuXz2I7k pic.twitter.com/6riSCwB04q
Na mesma noite membros do Servizo Marítimo localizaron dous sacos fondeados con 28,5 kilogramos de centola suxeitos con mosquetones metálicos a un cabo amarrado a unha embarcación.
A Garda Civil reintegró as centolas ao mar ao atoparse vivas.