A avogada camellá Lucía Baña, protagonista da nova entrevista da serie #EusonCamariñas

Xa podemos ver en eusoncamarinas.es unha nova e extensa entrevista deste singular proxecto de visibilización do talento camariñán.

A avogada de Camelle Lucía Baña Ponte é a protagonista. Traballa actualmente na Coruña, no bufete ‘Abrente abogados’, e na entrevista fala con Víctor Fdez. Alves fala sobre as verdades e os mitos que rodean o seu oficio tan visto nas grandes pantallas e ao mesmo tempo descoñecido no día a día da cidadanía. Tamén percorre Camelle, onde conta as implicacións de saltar ao traballo por conta propia, as dificultades e ilusións que se atopan na xente nova que trata de crear o seu propio camiño deste xeito.

Podes ver a entrevista en eusoncamarinas.es

NOVAS RELACIONADAS