A avogada camellá Lucía Baña, protagonista da nova entrevista da serie #EusonCamariñas

07:43 23/12/21
Xa podemos ver en eusoncamarinas.es unha nova e extensa entrevista deste singular proxecto de visibilización do talento camariñán.
A avogada de Camelle Lucía Baña Ponte é a protagonista. Traballa actualmente na Coruña, no bufete ‘Abrente abogados’, e na entrevista fala con Víctor Fdez. Alves fala sobre as verdades e os mitos que rodean o seu oficio tan visto nas grandes pantallas e ao mesmo tempo descoñecido no día a día da cidadanía. Tamén percorre Camelle, onde conta as implicacións de saltar ao traballo por conta propia, as dificultades e ilusións que se atopan na xente nova que trata de crear o seu propio camiño deste xeito.
Podes ver a entrevista en eusoncamarinas.es
NOVAS RELACIONADAS
- A enfermeira e deportista Paula Esteiro, protagonista dunha nova entrega de "Eu son Camariñas”.
- Luna Suárez, a terceira protagonista do ‘Eu Son Camariñas’.
- Alicia Ogando, María Oanes e Laura Rodríguez, 3 sanitarias que son Camariñas:
- O escritor Víctor Fernández Alves, protagonista da reactivación do programa audiovisual #EusonCamariñas.
- Os maiores recuperaron a memoria do Entroido camariñán a través da rede.