Atopan con vida unha muller que desaparecera onte en Xaviña

Na noite deste domingo, alertaban da desaparición dunha señora de 89 anos en Xaviña, Camariñas. O dispositivo de busca metíase en funcionamento ao longo da noite e os voluntarios de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil, ademais de moitos veciñ@s, estiveron toda a madrugada e toda a mañá buscando pola contorna.

Foi un sobriño da señora o que cando ía no helicóptero da Garda Civil, a localizaba no medio do monte arredor das 11:00h da mañá. Ao parecer, saíra ás pinas e perdérase.

Os medios rescatárona, e estaba desorientada e mollada da chuvia, e foi trasladada ao Hospital nunha ambulancia por precaución.