Camariñas adica o seu Mercadillo Solidario de Nadal a Filipinas

Como xa vén sendo usual nos ultimos anos, Cáritas Parroquial de Camariñas comeza coa campaña de nadal realizando un Mercadillo Navideño esta fin de semana. A gran diferenza este ano, e que o recaudado irá destinado a Axudar aos damnificados pola catástrofe do tifón en Filipinas, a través de Cáritas Española.

Dúas grandes novedades máis teñen este ano. A primeira, é a sua ubicación, grazas a colaboración dunha veciña que presta amablemente un baixo comercial, o mercadillo este ano estará situado na zona centro do pobo, concretamente na Praza do Mercado (no local onde estaba a Xoiería do Encaixe. Desta maneira ademáis de ser moito máis visible, permite telo aberto máis horas ao día.

O horario será de 10:00 h. a 14:00 h. e de 16:30 h. a 20:30 h. o sábado 23 de novembro e o domingo 24 de novembro. En dito mercadillo poderán encontrar Artesanía, agasallos, xoguetes, libros, material escolar, adornos navideños... todo a prezos moi moi baixos.

A outra gran novedad, e que este ano tamén celebrarán mercadillos navideños nalgunha parroquia máis do concello, por exemplo en Ponte do Porto, e quizás nalgunha máis.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).