Luns. 06.05.2024
El tiempo

Os alumnos dos centros de Cee despiden o curso de viaxe

Os alumnos dos centros de Cee despiden o curso de viaxe
Alumnos do Agra Raíces na mesma Trinity College Library

Xa están de novo nas aulas do IES Agra de Raíces de Cee o grupo de estudantes de 4º de ESO que estiveron 6 días na capital Irlandesa de viaxe de estudos, demostrando de novo o importante que é coñecer mundo.

A súa andaina cara Dublín partiu o día 18 de abril do instituto con regreso o 23 cara o mediodía. Neses días percorreron as famosas rúas de Dublín, O’Connell Street, Grafton Street (onde se atopa a coñecida estatua a Molly Malone), Half Penny Bridge así como a coñecida zoa Temple Bar, practicando durante todo o día, coa amable xente irlandesa, o idioma que tantos anos levan estudando nas aulas. Acompañados ós paseos polas rúas de Dublín cada día había organizadas varias visitas que sorprenderon positivamente ós alumnos e profesoras acompañantes.

As visitas abarcaban museos , como a National Gallery ou National Museum of Ireland-Archaelogy, coñecidas catedrais da capital como St. Christ church e San Patricio, patrón dos irlandeses e famosos parques onde descansar dun día longo como St Stephens Green, xardíns de Dublin Castle e Phoenix Park.

Como non podía ser doutra maneira, os estudantes e as súas profesoras tamén visitaron a famosa Trinity College Library onde se grabaron esceas da película Harry Poter e tamén de El club de los poetas muertos e A prisión de Kilmainham Gaol, convertida en museo que foi escenario da gran película En el nombre del padre e lugar histórico relacionado ca Revolución irlandesa.

Quizais, según relatan os estudantes e as súas profesoras, estas dúas últimas visitas, xunto coa exposición interactiva Dublinia, onde realizaron unha viaxe ó pasado para coñecer a historia de Dublín e a visita guiada á famosa fábrica museo Guinness Storehouse foron unhas das máis interesantes para coñecer a fondo a capital e o país ó que viaxaban.

Poderíase dicir que a viaxe é un complemento ós estudos que os alumnos levan anos realizando nas aulas, así como unha práctica contínua da lingua inglesa.

Expedicion do Agra Raices por Dublin

Unha experiencia inolvidable para alumnos e profesoras!!!

Despedida de curso no Manuela Rial

Alumnos do Manuela Rial

Mentres, o Alumnado de 4º da ESO do Colexío Manuela Rial de Cee, despiden os seu paso polo centro despois de 13 anos cunha excursión de fin de curso que consta dun crucero polo mediterraneo dunha semana de duración, onde visitarán cidades como Roma, Pisa Milán, Mónaco... e unha visita guiada a Barcelona. O centro desplaza a 43 alumnos e alumnas e como profesores responsables lles acompañan May Araujo, Gurut Larrañaga e Luis Fernández.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Sonia López.

Comentarios