Camariñas confirma dous casos activos de covid19

Centro de Saude de Camariñas

Os responsables do centro de saúde do Concello de Camariñas informaron á alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, de que actualmente no municipio hai un total de 2 casos positivo por COVID-19 cos conseguintes contactos que están a ser investigados.

Desde o Concello queren resaltar a importancia de manter as medidas de protección establecidas e coñecidas por todos: uso obrigatorio de máscara, distancia social, evitar aglomeracións e unha frecuente hixiene de mans.

Ademais, son 7 os afectados ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira.

Novas relacionadas