Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novas medidas de restrición para Carballo, A Laracha e Santa Comba

Medidas Covid 2020
Infografía do Concello de Santa Comba
Novas medidas de restrición para Carballo, A Laracha e Santa Comba

A Consellería de Sanidade anunciou esta mañá a decisión da establecer medidas e restricións nos concellos de Santa Comba, Carballo e A Laracha, ademais de Ourense e Santiago.

Unha demostración de que o covid parece que está afectando de cheo á comarca. O gromo de Santa Comba aumenta ata 39 casos, segundo acaba de confirmar o propio Concello, aínda que quedan pendentes varios resultados doutras probas PCR. Un gromo que pode proceder de varias celebracións.

Na Laracha a Consellería vén de confirmar ao Concello que hai 31 positivos, mentres que en Carballo confirmaron esta mañá de xoves 77 casos.

Outros concellos están informando dos datos dos que dispoñen, e por exemplo Laxe confirma que se manteñen en 8 positivos; Malpica sabe que ten outros 8 confinados; Ponteceso suma 18, Cee confirmaba 5; e Zas onde non teñen confirmación oficial do Sergas pero parece que hai un pequeno gromo en Baio.

Medidas

O noso avogado de referencia Miguel Vieito Villar xa nos explica como son as medidas que medidas que entrarán en vigor está medianoite de mércores a xoves, que terán que adoptar os 3 concellos concellos afectados. Destancan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto, ademais do peche dos centros de día e residencias.

Ademais, péchase os centros de día e as residencias, e será o uso obrigatorio da máscara en ximnasios, unha medida, que o comité clínico valora facer extensible ao resto da comunidade.

Cómpre destacar que, no caso de celebracións como vodas, bautizos e comuñóns, non poderán superar o 50 % do aforo do salón de banquetes nin o número máximo de 50 persoas para lugares pechados e de 100 persoas no caso de celebrarse en espazos ao aire libre, se ben este apartado da norma non entrará en vigor até o vindeiro luns, polo que non afectará aos eventos previstos para estar fin de semana.

Medidas concretas municipais

Medidas para Santa Comba ociv
Medidas concretas tomadas polo Concello de Santa Comba

A nivel municipal, Carballo espera ao DOG para convocar a comisión de segue e to.

Santa Comba leva medidas drásticas como o retraso do curso escolar da Escola Infantil ou suspender a Feira.

Laracha suspende  todos os actos culturais e recreativos das Festas dos Milagres de Caión; A feira de Paiosaco do próximo domingo limitarase á venda de produtos de alimentación e do campo; e a praia de Caión e a área recreativa de Gabenlle permanecerán abertas ao público, pero coa restrición xeral dun máximo de dez persoas por grupo.

Novas dos últimos gromos

Comentarios