Camariñas inspira aos artistas que participaron no III certame de pintura ao aire libre

Unha vez máis, confirmamos que na Costa da Morte está de moda sacar o pincel á rúa. Nesta ocasión, dezaoito artistas participaron en "Camariñas na túa mirada"; dentro do III Certame de Pintura ao aire libre que se celebrou no día de onte, domingo 14 de xuño. Durante oito horas, os participantes captaron e pintaron as impresionantes paisaxes da vila, recreando lugares tan emblemáticos como a porta do faro Vilán, a ponte de peirao, o museo de Man de Camelle ou a estatua da palilleira. A actividade estivo organizada pola Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Camariñas e de varios empresarios da vila. De entre todos as obras participantes recibiron o seu premio as de:
1º premio patrocinado por Industrias Cerdeimar (700€): Raúl Gil Burés
2º premio patrocinado polo concello de Camariñas (300€): Marcos Real Rivas
3º premio patrocinado por Muebles Sambade, Grifomar y Ricardo Mas (200€): Paco Casal
1º mención para Roberto Castro Iglesias (dotado dun lote de productos de conservas Boya e un estuche de viños)
2º mención para Martina Bugallo Iglesias (dotado dun lote de productos de conservas Boya e un estuche de viños)
3º mención para Victoria Palencia (dotado dun lote de productos de conservas Boya e un estuche de viños)

Novas relacionadas