O Cabo Vilán déixase pintar por terceira vez


Fermosas estampas vimos durante o certame do ano pasado. E este vindeiro 6 de xuño, volveremos ver artistas, subidos polas pedras do maxestuoso Cabo Vilán, retratando un dos nosos meirandes tesouros.
O vindeiro sábado 6 de xuño celebrarase o III Certamen de Pintura ao aire libre do Cabo Vilán. O tema deste ano é libre e faise extensible a todo o concello de Camariñas. Os participantes poderán presentar os seus soportes entre as 10.00 e as 11.00 horas para que sexan selados polos organizadores e deberán entregar as súas obras como moi tarde ás 19.00 horas. Ás oito, despois de que o xurado delibere, celebrarase o acto de entrega de premios, cuxa cuantía total ascende a 1.000 euros: 500€ para o primeiro clasificado, 300€ para o segundo, 200€ para o terceiro e lotes de produtos.
Ademais, as obras presentadas quedaranse en exposición no Faro Vilán ata o 30 de xuño e o público poderá votar para conceder outro premio, consistente nunha estancia dunha noite en Camariñas. Tamén entre os votantes sortearase un lote de produtos.
Novas relacionadas
- O Cabo Vilán déixase pintar.
- A actividade cultural no Faro Vilán permite aumentar nun 40% o número de visitantes.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
- Un ano de actividades no Faro Vilán cos Empresarios de Camariñas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.