Camariñas tinguiu de rosa os seus arcos polo cancro de mama

Danza de Arcos de cor rosa en Camariñas polo Día Mundial contra o cancro de Mama

Fermosa conmemoración a que realizou todo Camariñas este pasado sábado, polo Día Internacional contra o Cancro de Mama. A vila encaixeira mesturou tradición con reivindicación e apoio e armou unha fermosa Danza de Arcos de cor rosa, a cor desta loita social.

Boa parte da veciñanza quixo sumarse a esta acción en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, que encheu de cor a praza do Concello e chegou ata o porto camariñán./p>

Ademais dos comprometidos arcos, feitos para a ocasións, as participantes levaban camisetas e panos rosas, para visibiilizar un dos cancros máis habituais da nosa sociedade actual, e ante o que fai falta reincidir na prevención e no diagnóstico precoz.

Paralelamente as asociacións AECC de Cee e Carballo sacaron tamén á rúa a súa marea verde.

As Cantareiras de Verdillo foron parte da marea verde da AECC en Carballo

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-costa-volcase-polo-dia-mundial-contra-o-cancro-de-mama/ https://quepasanacosta.gal/mulleres-da-comarca-comparten-experiencias-nunha-xornada-sobre-o-cancro-de-mama/