Camariñas tinguiu de rosa os seus arcos polo cancro de mama

08:50 22/10/18

Fermosa conmemoración a que realizou todo Camariñas este pasado sábado, polo Día Internacional contra o Cancro de Mama. A vila encaixeira mesturou tradición con reivindicación e apoio e armou unha fermosa Danza de Arcos de cor rosa, a cor desta loita social.
Boa parte da veciñanza quixo sumarse a esta acción en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, que encheu de cor a praza do Concello e chegou ata o porto camariñán./p>
Ademais dos comprometidos arcos, feitos para a ocasións, as participantes levaban camisetas e panos rosas, para visibiilizar un dos cancros máis habituais da nosa sociedade actual, e ante o que fai falta reincidir na prevención e no diagnóstico precoz.


